14 agosto, 2014

Recollida de firmas pola Renda Básica, Sábado 30 de Agosto, Campo de Marte, A Coruña.

Ao abeiro do Mercadiño de Troco da Asamblea do 15M de Monte Alto, estaremos a recoller firmas pola iniciativa Lexislativa Popular para a Renda Básica Universal. Será no Campo de Marte (arriba da rúa da Torre), de 12.00 a 14.00.
O mercadiño estará mui ben xa que estará especializado na reutilización do material escolar.

Alí nos vemos!

"Mercadiño de troco da Asemblea do 15M de Monte Alto

O último sábado de cada mes a Asemblea Popular do 15M de Monte Alto organiza un mercadiño de troco de 12 a 14 horas no Campo de Marte. O deste mes será o sábado 30 de agosto.
Consiste en que calquera persoa leva un número determinado de productos e pode recoller o mesmo número de productos. Non se emprega diñeiro, trátase de darlle un novo uso ás cousas.
O de agosto será un mercadiño de troco especial, xa que se cumplen 3 anos desde que a asemblea do 15M de Monte Alto comezou a levalo a cabo. Nesta ocasión, ademais, o mercadiño será temático, tentando facer especial fincapé no intercambio de material escolar, aproveitando que en setembro comezan as clases nos colexios."


17 julio, 2014

Cancelación do evento do Sábado 19 de Xullo.

Desafortunadamente os pronósticos do tempo dan un 85% de posibilidades de chuvia, e así é imposible facer o que tíñamos previsto. Pedimos disculpas e estamos a traballar para buscar outra ocasión. Saludos e bon verán!



02 julio, 2014

Celebramos o fín da temporada, Sábado 19 de Xullo en Feáns.

O vindeiro Sábado 19 de Xullo, no Centro Cívico de Feáns, a Asociación Kanguras, Criando en brazos, celebraremos unha xuntanza de fin de temporada. A partires das 12.30 da mañán, a cousa é verse, levar comida para compartir. O evento é aberto e de balde. Se inclúen as seguintes iniciativas:


  • Gratiferia, trae todo o que estexa en bon estado e queiras que outra persona o reutilice, roupa, libros, xoguetes, cousas da casa. Tes que facerte cargo de que traes ao terminar o día, non temos sitio para almacenar.
  • Troco de sementes. Trae sementes da túa horta para intercambiar.
  • Recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Como fedatarias da ILP, as Kanguras recolleremos firmas das personas que queirades mostrar o voso apoio á iniciativa.


08 junio, 2014

Oito meses non é nada...

pero isto é un non parar. Esta entrada é para que se faga visible a cantidade de traballo que hai detrás de cada actividade. E o gran disfrute personal, sin dúbida.

Desde o principio da temporada... descubrindo a maternidade, precioso obradoiro en colaboración con O Parto é noso, que nos ofreceu Teresa, onde as personas nenas xogan ao final das explicacións a un embarazo, un parto, e un nacemento respetado,










Tocando có nadal chegou o obradoiro da percusión tradicional de Aarón Ulloa, as nenas disfrutaon muitísimo aporreando toda clase de cachivaches.








Xa nos metimos enteiramente á preparación da charla gratuita e o Obradoiro de formación en educación creadora de Miguel Castro, que foi todo un éxito tanto a nivel personal por coñecelo como a nivel asociativo por poder facer ese traballo con él.


E como unha cousa leva á outra, falando, falando e dándolle muitas reviravoltas ás situacións vitais das kanguras, chegamos a unha proposta que encaixa mui ben coa nosa forma de ver a crianza como acto político, a Renda Básica das Iguais. Un pracer poder contar con Mari Fidalgo para unha charla que foi mui intensa para nós.








Ao abeiro da primaveira nos aventuramos nunha charliña acolledora sobre textos da maternidade de Casilda Rodrigañez. A nosa amiga Anna Dragow propuxo esa xuntanza baixo o título, "Dadme otras madres y os daré otros mundos", que fixemos en colaboración coa CNT da Coruña que nos deixou o seu local. Ler textos de Casilda con lentitude e saborear ás súas militancias coas criaturas é un placer.






E con ganas de que chegue o bon tempo para estar ao aire libre, fixemos unha proposta tamén con Anna Dragow, "Titeres para o tabú". Eses bonecos que falan o que nos non nos atrevemos. Estivo mui concurrido e foi mui intenso tanto para nenas como para adultas. Entre divertido e comprometido. Unha boa comida ao aire libre rematou esta proposta tan chula.














E xa comprometidas e metidas de cheo na petición de firmas pola Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica, salimos á rúa con mesas. Primeiro, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, e despóis na Feira do Mercado Social Galego, na praza de Pontevedra coruñesa.








29 mayo, 2014

Nova recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica.

O vindeiro Sábado 31 de Maio, a partires das 12.00 da mañán, na Plaza de Pontevedra, na Coruña, dentro da Feira porlo Mercado Social Galego.


Vémonos nas rúas!

24 mayo, 2014

Recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular, pola Renda Básica.

A Asociación Kanguras, como fedatarias da ILP pola Renda Básica, fará unha recollida de firmas na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía, da Universidade da Coruña, o vindeiro Xoves 29 de Maio, en xornada de mañá e parte da tarde.
Vémonos e asinamos!


25 abril, 2014

Taller de monicreques, emoción e tabú.

Orixinariamente, muitos dos bonecos na tradición titiritera utilizábanse para expresar o que a persona non se atrevía. Anna Dragow nos leva da más da improvisación aos mundos de emocións reprimidas e tabúes.

Sábado 3 de Maio, ás 11.00 horas, Centro cívico de Feáns, A Coruña, entrada de balde, plazas limitadas.