08 junio, 2014

Oito meses non é nada...

pero isto é un non parar. Esta entrada é para que se faga visible a cantidade de traballo que hai detrás de cada actividade. E o gran disfrute personal, sin dúbida.

Desde o principio da temporada... descubrindo a maternidade, precioso obradoiro en colaboración con O Parto é noso, que nos ofreceu Teresa, onde as personas nenas xogan ao final das explicacións a un embarazo, un parto, e un nacemento respetado,










Tocando có nadal chegou o obradoiro da percusión tradicional de Aarón Ulloa, as nenas disfrutaon muitísimo aporreando toda clase de cachivaches.








Xa nos metimos enteiramente á preparación da charla gratuita e o Obradoiro de formación en educación creadora de Miguel Castro, que foi todo un éxito tanto a nivel personal por coñecelo como a nivel asociativo por poder facer ese traballo con él.


E como unha cousa leva á outra, falando, falando e dándolle muitas reviravoltas ás situacións vitais das kanguras, chegamos a unha proposta que encaixa mui ben coa nosa forma de ver a crianza como acto político, a Renda Básica das Iguais. Un pracer poder contar con Mari Fidalgo para unha charla que foi mui intensa para nós.








Ao abeiro da primaveira nos aventuramos nunha charliña acolledora sobre textos da maternidade de Casilda Rodrigañez. A nosa amiga Anna Dragow propuxo esa xuntanza baixo o título, "Dadme otras madres y os daré otros mundos", que fixemos en colaboración coa CNT da Coruña que nos deixou o seu local. Ler textos de Casilda con lentitude e saborear ás súas militancias coas criaturas é un placer.






E con ganas de que chegue o bon tempo para estar ao aire libre, fixemos unha proposta tamén con Anna Dragow, "Titeres para o tabú". Eses bonecos que falan o que nos non nos atrevemos. Estivo mui concurrido e foi mui intenso tanto para nenas como para adultas. Entre divertido e comprometido. Unha boa comida ao aire libre rematou esta proposta tan chula.














E xa comprometidas e metidas de cheo na petición de firmas pola Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica, salimos á rúa con mesas. Primeiro, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, e despóis na Feira do Mercado Social Galego, na praza de Pontevedra coruñesa.