17 julio, 2014

Cancelación do evento do Sábado 19 de Xullo.

Desafortunadamente os pronósticos do tempo dan un 85% de posibilidades de chuvia, e así é imposible facer o que tíñamos previsto. Pedimos disculpas e estamos a traballar para buscar outra ocasión. Saludos e bon verán!



02 julio, 2014

Celebramos o fín da temporada, Sábado 19 de Xullo en Feáns.

O vindeiro Sábado 19 de Xullo, no Centro Cívico de Feáns, a Asociación Kanguras, Criando en brazos, celebraremos unha xuntanza de fin de temporada. A partires das 12.30 da mañán, a cousa é verse, levar comida para compartir. O evento é aberto e de balde. Se inclúen as seguintes iniciativas:


  • Gratiferia, trae todo o que estexa en bon estado e queiras que outra persona o reutilice, roupa, libros, xoguetes, cousas da casa. Tes que facerte cargo de que traes ao terminar o día, non temos sitio para almacenar.
  • Troco de sementes. Trae sementes da túa horta para intercambiar.
  • Recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. Como fedatarias da ILP, as Kanguras recolleremos firmas das personas que queirades mostrar o voso apoio á iniciativa.